Vilaxoán e Combarro navegan o Carmen

La Voz

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

As Rías Baixas reviviron a tradición de sacar ao mar á súa patroa

22 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A tradición de sacar á virxe do Carmen a navegar, que durante a fin de semana hase sucedido, pobo tras pobo, nas Rías Baixas, repetiuse onte pola tarde en Combarro e en Vilaxoán. A patroa do mar asucou as augas das rías de Pontevedra e Arousa acompañada dunha miríada de embarcacións. Na vila arousá, as festas concluirán hoxe, coa misa comunitaria cantada polo coro parroquial e un programa que conducirá , pola noite, á verbena de Televisión e América. foto adrián baúlde