1999: A escultura flotante de Francisco Leiro envorcaba no Lérez sen sufrir ningún dano

La Voz

PONTEVEDRA

XOAN CARLOS GIL

21 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai 20 anos que Saavedra, a escultura obra do artista cambadés Francisco Leiro que flota no Lérez, íase a pique. O suceso non respondeu a un acto de vandalismo, senón á imprudencia dun grupo de piragüistas que se subiu á obra. Isto provocou que se desestabilizasen os dous tanques que están situados na súa parte inferior, que funcionan a modo de batea, e que a obra envorcase e rematase enterrada no lodo.

A peza, que pesaba unhas dez toneladas, foi recolocada con diversas dificultades na súa localización orixinal sen recibir ningún tipo de dano. Cabe sinalar que os deportistas admitiron a súa culpabilidade en todo momento e ofreceron a súa colaboración para corrixir o incidente.