A elite do atletismo autonómico voa no CGTD

La Voz

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

A xornada gozou dunha elevada participación de deportistas

20 jul 2019 . Actualizado ás 20:41 h.

Quixo o ceo respectar a celebración Campionato Galego de Atletismo en categoría absoluta deste pasado sábado. Aínda que caeron algunhas gotas á primeira hora, o sol brillou o resto da xornada. Máis de 400 atletas galegos déronse citas nas pistas do CGTD para buscar a gloria autonómica dentro dunha cita que acadaba a súa edición número oitenta e seis en categoría masculina, e a número cincuenta e dous dentro da categoría feminina.

Foto: Ramón Leiro.