O Combo Dominicano enche a Praza de España e a Alameda de Marín

La Voz MARÍN / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE MARÍN

O programa de festas continúa este venres co Marín Dance Festival

11 jul 2019 . Actualizado ás 17:42 h.

O Combo Dominicano actuou este mércores pola noite nas festas do Carmen de Marín e arroiou. A convocatoria dunha das bandas máis famosas da carteleira festiva en Galicia encheu de público, sobre todo novos, a Praza de España e a Alameda de Marín. 

Pola súa banda o programa de festexos continúa este xoves pola noite coa batalla de flores, a partir das 22.30 horas, seguida pola verbena coa orquestra Capitol.

Este venres o pasacalles tocarano Airiños de San Xulián. Ás 12.30 horas haberá unha actividade infantil, a cargo de Tarabelos, na Alameda. Pola tarde haberá unha exhibición de ximnasia rítima (19 horas), organizada polo club In Mare, na Alameda. A charanga Jalácticos levará o ambiente festivo ás rúas do centro urbano. Ás 23 horas, celebrarase o Marín Dance Festival, no Parque Eguren, mentres que na Praza de España a verbena asumiraa a orquestra Johnny Maquinaria.