A aula municipal infantil sóbese ao escenario do Principal

PONTEVEDRA

MARCOS GAGO

A obra é unha creación colectiva sobre feitos históricos dos Reis Católicos e do Renacemento

16 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os rapaces de entre 8 e 12 anos dos grupos dos martes da aula municipal infantil de teatro Á Procura do Tesouro terán ocasión estar tarde de subirse ao escenario dos Teatro Principal de Pontevedra para representar Os Reis Caóticos. A obra «é unha creación colectiva inspirada nos feitos históricos da época dos Reis Católicos e do Renacemento», reseñan dende Migallas Teatro.

Deste xeito, un grupo de rapaces «xoga a recrear eses feitos mesturando historia e actualidade coa imaxinación e a diversión como bandeiras». Engadiron desde esta compañía que a peza «pretende amosar como se pode aprender e pasalo ben ao mesmo tempo mediante o xogo do teatro onde todos e todas somos protagonistas».

Así, durante un total de vinte e dúas sesións os rapaces descubriron o teatro mediante o fomento dos seus recursos expresivos, así como desenvolveron as súas capacidades creativas mediante o xogo dramático.

Estas iniciativa naceu hai xa vinte anos promovida pola concellería de Cultura de Pontevedra, de tal xeito que nesta edición os obradoiros foron impartidos por monitores da compañía Migallas Teatro coa coordinación de María Campos.

A representación dos Reis Caóticos terá lugar esta tarde a partir dás 20 horas. Entrada de balde ata completar cabida.