Colaboración entre Viaqua e o centro asociado da UNED para impulsar «campus verdes»

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

13 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Cátedra Aquae de Economía da auga, froito da colaboración Viaqua e a UNED, presentou onte as conclusións do estudo que levou a cabo durante os anos 2017 e 2018 en sete centros asociados da UNED, entre eles o de Pontevedra, para establecer un protocolo ambiental para que as universidades se convertan en «campus verdes». O que se fixo durante os dous últimos anos no centro de Monte Porreiro foi cuantificar a auga e a enerxía consumida polos seus usuarios, así como as emisións de CO2 asociadas a estes consumos.

Os resultados do estudo revelan que o consumo de auga e enerxía dos centros analizados sitúase en niveis moi por baixo doutros centros universitarios: o consumo medio de auga por persoa e día foi de 0,72 litros en 2017 e de 0,81 litros en 2018, un consumo moi inferior aos 26,8 litros rexistrados noutras universidades en ou estudo realizado no 2014.