Rey deberá buscar apoios para reter a alcaldía de Caldas

La Voz CALDAS / LA VOZ

PONTEVEDRA

O PSOE baixou un concelleiro e o PP subiu dous

27 may 2019 . Actualizado ás 10:58 h.

O PSOE quedou ás portas de revalidar a súa maioría absoluta de fai catro anos. Perdeu un concelleiro e isto obrigaralle a pactar co BNG un goberno de coalición ou a dirixir o Concello en minoría. O Bloque cultivou un escano máis que no 2015 e disporá de dous concelleiros na próxima corporación caldense.

Pola súa banda, Fernando Pérez, que nesta ocasión se presentou polo Partido Popular, conseguiu cinco concelleiros, un máis dos que tiña o PP fai catro anos.