2015: A vitoria celébrase sobre caixas de cervexa

La Voz

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

Lores subiu a unhas caixas para proclamar a vitoria máis importante do nacionalismo en Pontevedra

24 may 2019 . Actualizado ás 13:43 h.

Nas últimas eleccións municipais, o BNG obtivo o seu mellor resultado histórico en Pontevedra: o 43 % dos votos e doce concelleiros, a un suspiro da maioría absoluta. A celebración foi das que fan época, e o candidato, Miguel Anxo Fernández Lores, tiña dificultades para facerse oír (e ver) no medio da multitude de simpatizantes que se deron cita case de madrugada na rúa Marquesa, onde o BNG ten a súa sede. Alguén sacou unhas caixas de cervexa dun bar e, nin curto nin perezoso, Lores subiu a elas para lanzar aos seus a mensaxe da vitoria. foto Ramón leiro