«Máis pediatras e un plan que eduque en valores»

Alfredo López Penide
l. pENIDE PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

LUZ CONDE

23 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Andrea Bayer, de Baobab Teatro, confesa que en Pontevedra se sinte cómoda e que, a nivel cultural, no bota nada en falta: «Creo que estamos ben servidos. Temos auditorio, temos teatro... comparada con outras cidades as que vou... De feito, eu non dou consumido a oferta que ten o Concello».

Iso si, a nivel da sanidade, si que detecta «carencias dende hai anos e penso que vai a peor. A pediatra dos meus fillos xubilouse e pasaron xa cincuenta mil... E hai días de non estar. Tamén noto máis as esperas. Ir a urxencias pode ser unha loucura».

Tras insistir que se trata dun ámbito no que atopa «un baleiro», Bayer remarca que tamén sería preciso un programa educativo transversal que fomente «uns valores de respecto, de non discriminación, aos nenos dende unha idade moi temprana». O obxectivo é minimizar non so comportamentos incívicos, senón agresións verbais. «Ten que vir dende abaixo e o resto da sociedade ten que ser un exemplo. Non me gusta que a miña filla diga palabrotas porque as escoita en todas partes».