Marea Marín prioriza o desenvolvemento do PXOM na súa proposta electoral

PONTEVEDRA

Marcos Gago

A candidatura que lidera Aarón Franco expón unha praia artificial na punta do paseo marítimo

15 may 2019 . Actualizado ás 12:48 h.

Marea Marín considera vital o desenvolvemento do PXOM para que o municipio salga do estado de letargo económico e social no que se atopa, desde o seu punto de vista. Nas súas propostas de urbanismo está a promoción de vivenda pública protexida, programas específicos para barrios como Cantodarea e A Cañota, o soterramento da avenida de Ourense e a compra de parcelas para aparcadoiros gratuítos municipais.

Aarón Franco tamén quere facer unha auditoría das contas municipais e recuperar para a xestión pública servizos como a recollida de lixo e a piscina. Ademais avoga por consellos municipais de Cultura e Deportes e crear consellos parroquiais onde os veciños poidan decidir en que se inviste nas súas parroquias. 

Estrela Pallín aposta por unha mellora da atención social no Concello cunha maior accesibilidade ás dependencias municipais e axudas do Concello ás familias máis desfavorecidas.

Marea Marín tamén inclúe no seu programa unha piscina artificial na punta do paseo marítimo, un plan municipal de xestión ambiental, unha auditoria de eficiencia enerxética e un contador de denuncias de casos de violencia de xénero.