1895: En loita pola madruga para ir traballar á Barca

La Voz

PONTEVEDRA

ARQUIVO PROVINCIAL

1895

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tal día como hoxe, no ano 1895, La Voz de Galicia daba conta dunha protesta protagonizada polo gremio formado por canteiros, carpinteiros e albaneis. Ao parecer, os traballadores habíanse dirixido «en manifestación pacífica ata o Goberno Civil». Alí, unha representación dos obreiros dirixiuse á principal autoridade para trasladarlle o malestar existente porque o contratista das obras da ponte da Barca obrigaba ao persoal a adiantar unha hora pola mañá a entrada ao traballo, modificándose así o horario de costume. O gobernador prometeu entón que «no terreo das conversacións amigables» trataría de convencer o contratista, pero advertía de que, oficialmente, nada se podía facer respecto diso.