Encontro no Teucro e procesión do Santo Enterro

La Voz

PONTEVEDRA

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe, venres • 9.30 horas (Encontro) e 20 horas (Santo Enterro) • Os actos relixiosos de Semana Santa continúan hoxe en Pontevedra. Ás 9.30 horas terá lugar a procesión do Encontro con viacrucis penitencial. Sae de Santa María e o encontro terá lugar na palza do Teucro. Pola tarde, ás 20 horas, terá lugar a procesión do Santo Enterro, que parte de Santa María. Pasará pola praza de España, Riestra , Oliva, García Camba, Peregrina, Manuel Quiroga, Don Filiberto e Alhóndiga.