A praza da fonte luminosa de Ponte Caldelas ten tamén cargadores USB e wifi gratuíta

María Hermida
María Hermida PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

Na primeira fin de semana de funcionamento foron 63 as conexións á rede municipal

20 abr 2019 . Actualizado ás 09:16 h.

Estamos nos tempos das conexións a Internet onde, cando e como sexa. Talvez por iso, o Concello de Ponte Caldelas apostou forte pola tecnoloxía na renovación da praza de España. Resulta que este espazo, ademais de contar cunha fonte luminosa e rechamante, ten tamén cargadores USB  a disposición de quen queiran usalos. Igualmente, este espazo conta cunha rede wifi de carácter municipal e gratuíta. Pódese acceder de forma sinxela, unicamente introducindo un correo electrónico, nome e apelidos. Iso si, soamente permítese unha conexión diaria de 60 minutos e o ancho de banda máximo que se pode lograr é de cinco megas, dependendo do número de usuarios conectados á vez.

Na primeira fin de semana de uso fixéronse 63 conexións con outros tantos dispositivos distintos. O 68 % das conexións fixéronse desde teléfonos móbiles ou comprimidos con sistema operativo Android, un 26 % con IOS e o 6 % desde computadores persoais, segundo os datos achegados polo Concello.