Atrévesche a montar en bicicleta en familia? Pedaladas poncho doado

María Hermida
María Hermida PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

O colectivo ciclista convoca unha marcha para adultos e maiores de 10 quilómetros o domingo, con saída da praza de España de Pontevedra

18 abr 2019 . Actualizado ás 10:56 h.

O colectivo Pedaladas de Pontevedra volve apostar polas marchas familiares. Así, tras ter que suspender unha actividade polo mal tempo, o domingo día 21 prevé realizar unha pedalada en familia. Trátase dun percorrido de 10 quilómetros de distancia apto para facer tanto adultos como nenos. 

A saída terá lugar ás 11.00 horas da Praza de España. A previsión meteorolóxica é boa, así que non hai escusa para non pedalear.