O Froiz regresa do Tour de Árdenas «dando guerra»

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

16 abr 2019 . Actualizado ás 21:25 h.

Era a primeira vez que o Froiz acudía a unha competición profesional. A súa boa posición o ano pasado no ránking nacional levou aos organizadores do Tour de Árdenas a escoller ao conxunto alimenticio como equipo invitado para esta proba, que se desenvolvía en tres días entre Bélxica e Francia.

A posición era o de menos para os corredores do Froiz, que se tomaron esta experiencia como unha preparación máis exhaustiva de cara aos obxectivos da súa tempada: a Volta a Galicia e a Volta á Coruña, ademais de facer un bo papel na Copa de España. O primeiro posto foi para Alexander Kampdel, do Riwal Cycling Team, e a xeral por equipos para Lotto Soudal. A escuadra alimenticia rendeu a bo nivel e asegura que pechou o Tour «dando guerra».