Lérez terá tres pasos de peóns con semáforos

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

15 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Este luns inícianse os traballos de mellora da mobilidade peonil na estrada N-550 na parroquia de Lérez. A actuación, que financia o Concello de Pontevedra para reforzar a seguridade dos veciños e que ten un custo de 208.000 euros, consiste na instalación de tres pasos de peóns con semáforos que permitan cruzar a estrada con seguridade. Situaranse en Ramallás coa Ferreira, Casaldourado coa Cendona, e á altura da marquesiña do transporte público. Trátase dunha petición histórica.