Unha carreira solidaria

Alfredo López Penide
López Penide POIO / LA VOZ

PONTEVEDRA

12 abr 2019 . Actualizado ás 20:50 h.

Un ano máis, o colexio SEK-Atlántico envorcouse este venres con Unicef e PSE (Cambodia polo sorriso dun neno) organizando a xa tradicional carreira solidaria na que tomaron parte todos os alumnos do centro educativo, un nutrido grupo de profesores e un crecente número de pais de estudantes. O recadado destinarase a en mellorar o acceso a auga potable en Níxer e colaborar cun programa de escolarización en Cambodia.