As 36 horas de aniversarios de Gómez Noya

Nieves D. Amil
Nieves D. Amil PONTEVEDRA/ LA VOZ

PONTEVEDRA

Nieves D. AMil

O tritaleta pontevedrés entra por unha videoconferencia do Banco Santander desde a súa casa de Nova Zelandia para soprar as velas

26 mares 2019 . Actualizado ás 20:10 h.

Javier Gómez Noya está de aniversario en España, pero xa se lle acabou en Nova Zelandia, desde onde conectou esta mañá para recibir as felicitacións do Banco Santander, o seu patrocinador, e do alcalde de Pontevedra, Fernández Lores.Unha torta para soprar as 36 velas virtuais foron a mellor escusa para falar co triatleta pontevedrés que en menos dun mes estará de volta á súa cidade para competir no Mundial de Tríatlon de longa distancia. Centrado na clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio, Gómez Noya asegura que participará na proba de Pontevedra porque "a nivel emocional é impagable, o seu fose noutro lugar non a correría, pero o feito de que sexa na miña cidade fai que participe". 

O Banco Santander organizou esta mañá a videoconferencia desde a oficina principal da cidade, o que espertou a atención dos traballadores e dos clientes que a esa hora da mañá enchían a sucursal. Gómez Noya saudou desde o salón da súa casa a todos e aproveitou para analizar as súas expectativas sobre o inminente Mundial, que se celebrará en Pontevedra entre o 27 de abril e o 4 de maio. "É un luxo de percorrido, teño moi bos recordos dun circuíto espectacular, sendo en casa agardo render ao máximo", indica o tritaleta, que asegura que  será Pablo Dapena "é o actual campión e é el quen terá que defender o título. É o rival máis duro, pero os dous coñecemos ben as estradas, son onde adestramos habitualmente", comenta. 

Fernández Lores animou ao campión a participar nunha proba que suporá para Pontevedra e a súa contorna un movemento de entre seis mil e oito mil persoas. "Estamos a cimentar para ou futuro, pero hai un retorno directo neses días", comentou. 

Gómez Noya animou desde Nova Zelandia a que "os pontevedreses, galegos e españois acudan a ver un gran espectáculo, se non competise eu non mo perdería", comentou antes de despedirse.