O condutor de tractor que levantou paixóns en Ponte Caldelas

María Hermida
María Hermida PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Concello de Ponte Caldelas

Héctor Pereira foi capaz de coller unha botella coas pinzas que habitualmente usa para levantar pedras ou troncos. Fíxoo no medio dunha concorrida tractorada

26 mares 2019 . Actualizado ás 01:12 h.

Ponte Caldelas viviu onte un día de tractorada. Ao contrario que algunhas históricas concentracións de tractores que houbo en Galicia e que tiñan carácter reivindicativo, nesta ocasión a meta era pasalo ben e darlle ambiente á vila caldelana. O obxectivo cumpriuse con fartura grazas á presenza duns 50 tractores e os seus indispensables condutores. Un deles, Héctor Pereira, veciño de Ponte Caldelas, non pasou desapercibido, tal e como pode verse no vídeo.

Este home, condutor dun tractor da marca Renault, deixou pampo ao público coa súa habilidade coas pinzas do tractor que habitualmente usa para coller troncos ou pedras. Resulta que foi capaz de levantar con elas unha minúscula botella, o que lle valeu o aplauso colectivo no medio da festa. 

Héctor Pereira contaba esta mañá de luns que se dedica profesionalmente ao manexo do tractor e que toda esa habilidade lle vén «de pasar horas e horas traballando coas pinzas». De 50 anos de idade, é autónomo e realiza traballos a domicilio co tractor. Di que o máis pequeno que foi capaz de coller con esas pinzas grandes foi unha lámpada.