San Benitiño de inverno na primavera e con tempo de verán

María Hermida
María Hermida PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

Pola mañá non houbo moita afluencia de fieis no mosteiro de Lérez, pero a procesión de última hora estivo algo máis concorrida

21 mares 2019 . Actualizado ás 20:12 h.

Lérez vive hoxe, xoves, a celebración do San Benitiño de inverno. Iso si, faino no primeiro día de primavera e con temperaturas propias do verán.

A pesar de que o sol anima a darse unha volta polo mosteiro de Lérez, non foron moitos os devotos que fixeron acto de presenza pola mañá. Si estivo algo máis concorrida a misa das 13.30 horas e a posterior procesión. 

Quen si estiveron a pé de posto foron os membros de Cáritas que se encargan de vender o aceite para as verrugas e que tamén recollen aceite e ovos para logo entregarllos ás familias máis necesitadas das parroquias. A falta de ver o que xuntaban pola tarde, pola mañá levaban unhas 12 ducias de ovos. Son poucos tendo en conta que atenden a unhas 70 familias en Cáritas.