Tropezo sen consecuencias para o Peixe en Xixón

C. Pereiro PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

16 feb 2019 . Actualizado ás 21:50 h.

Aínda que empezou titubeando o Peixe, os de Javi Llorente souberon remontar un primeiro cuarto que empezou moi de cara para a escuadra local, pero que tras carburar e embragar, os marinenses souberon meter a marcha adecuada e falar de ti a ti na cancha.

A propósito de que non se xogaban nada, os baloncestistas azuis podían xogar coa tranquilidade dos deberes feitos. A permanencia na categoría xa estaba asegurada e o partido de onte só supuña un pequeno test de cara ao comezo da verdadeira batalla, a do ascenso a LEB Ouro.

Do mesmo xeito que o Peixe foise facendo máis grande, o Xixón sufriu un episodio similar pero á inversa. Duns minutos iniciais moi ambiciosos, pasouse a varios e continuados erros, chegando a non puntuar durante os catro minutos finais do primeiro cuarto.

Tras o breve parón púxose por amais un Peixe que cando quería víase superior, aínda que o Xixón non estaba polo labor de deixarse levar, por iso volve coller a batuta do concerto e atribuírse unha nova sinfonía de acertos baixo canastra que o leva a pórse por amais ata deixar o luminoso nun 47-36 ao descanso.

O partido mantivo a tónica durante o terceiro cuarto, cun combinado local levando a voz cantante e un Peixe ameazante que non deixaba que se acabase de ir. De novo Jordan Gregory botouse o equipo ás costas e tomou a vez Onwuasor como anotador do encontro.

Costa arriba para o Peixe o último cuarto, no que se chegou a ver case máis de vinte por abaixo. Acusaban o cansazo os marinenses, sen Badmus nin Romero onte, e sen nada en xogo tampouco. Tropezo avultado ao final, aínda que sen consecuencias reais para os azuis.