O atracador bancario que levou 1.130 moedas de duro

La Voz

PONTEVEDRA

XOAN CARLOS GIL

1990

14 feb 2019 . Actualizado ás 08:00 h.

Tal día como hoxe, en 1990, La Voz de Galicia facíase eco da detención dun presunto atracador, veciño de Raxó, que entón tiña 25 anos de idade. O home, supostamente, entrara a roubar na sucursal bancaria da Caixa de Aforros de Pontevedra que había na súa localidade, en Raxó.

Ao parecer, o home en cuestión rompera o cristal da porta de entrada á sucursal bancaria cunha machada. Unha vez dentro, apoderouse de 5.650 pesetas. Pero coa particularidade de que, no canto de levarllas en billetes, subtraeunas naquelas moedas de duro que xa pasaron á historia.

O individuo, ademais de ser detido, foi acusado de causar desfeitas por valor de 60.000 pesetas, é dicir, que os danos superaban con fartura ao botín.

Ese mesmo día, La Voz de Galicia tamén daba conta doutras noticias da comarca pontevedresa. Por exemplo, contábase que os exalumnos do mestre marinense Francisco Landín tributábanlle unha nova homenaxe.