Viaxes InterRías abre en Fitur o seu calendario feiral do 2019

La Voz

PONTEVEDRA

VIAXES INTERRÍAS

23 ene 2019 . Actualizado ás 20:00 h.

Viaxes InterRías acode a Fitur como «consolidado turoperador líder de grupos, con opcións para toda España, Portugal, Andorra e Lurdes, e unha amplísima oferta, cada ano máis singularizada aos distintos modelos turísticos». A asistencia a Fitur abre un intenso calendario feiral, que levará á empresa con base en Sanxenxo , ao longo deste ano, á WTM de Londres , a BTL en Lisboa, ou a ITB en Berlín, entre outras. A compaña está adherida á European Tourism Association (ETOA), asociación comercial líder para operadores turísticos e provedores en destinos europeos. Fitur coincide, así mesmo, co acto de renovación da Q de Calidade para Viaxes InterRías. Esta é unha certificación de carácter nacional específica para o sector turístico.