A Garda Civil leva decenas de bolsas de tapóns a Amigos de Galicia

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTEVEDRA

AMIGOS DE GALICIA

A fundación arousá é a receptora final da doazón de Somos Ponte Caldelas

17 ene 2019 . Actualizado ás 09:00 h.

Axentes da Garda Civil de Pontevedra transportaron decenas de bolsas de tapóns procedentes da asociación Somos Ponte Caldelas e con destino final á fundación Amigos de Galicia en Vilagarcía. Somos impulsou unha campaña solidaria na capital do Verdugo, que contou cunha gran colaboración veciñal. Desde Amigos de Galicia agradécese e valórase moi positivamente a solidariedade dos veciños de Ponte Caldelas que fixeron esta campaña e tamén dos que colaboraron achegando os tapóns. A entidade tamén agradeceu á Comandancia da Garda Civil en Pontevedra o seu apoio no transporte do enorme volume de tapóns conseguidos nesta campaña.