O observatorio de paxaros de Guy, no patio de Belas Artes.

La Voz

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

08 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Facultade de Belas Artes acolle desde onte unha nova intervención artística no seu patio. Trátase de Birdwatching, unha peza do norteamericano Paul E. Guy, artista e xefe de montaxes do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. É unha sinxela estrutura de observatorio de paxaros, que explora o valor da cabana como refuxio e como elemento expositivo. A presentación da obra contou coa participación do propio artista, que estivo acompañado pola comisaria e crítica de arte, Ánxela Caramés, e pola decana de Belas Artes, Silvia García.

 O proxecto Birdwatching presentouse na Cidade da Cultura o pasado mes de maio, formando parte da exposición (Reb)veladas na Paisaxe, un ciclo de tres intervencións artísticas nos espazos naturais de Gaiás. E agora poderá visitarse ao longo dos próximos tres meses na facultade pontevedresa.