Dous feridos nun accidente múltiple en Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

08 novs 2018 . Actualizado ás 14:10 h.

A última hora da tarde de onte, o 112 mobilizou aos servizos de urxencias como consecuencia dun «accidente múltiple con dúas persoas feridas» en Pontevedra. Nesta ocasión, tratouse dun choque entre tres turismos que circulaban pola N-550, á altura do lugar de Cabanas, na parroquia de Salcedo.

O 112 Galicia pasou aviso aos servizos sanitarios de urxencia, así como solicitouse a colaboración de Tráfico e da Policía Local, á vez que se informou aos Bombeiros de Pontevedra por se fose precisa a súa intervención. Persoal do 061, finalmente, confirmou o traslado de dúas persoas feridas ao centro hospitalario de referencia.