Discrepancias entre o goberno de Pontevedra e Vicepresidencia sobre a actuación do 112

S.B. PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

17 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A intervención dunha dotación do parque de bombeiros de Pontevedra fose do municipio na tarde do domingo abriu onte unha nova fronte de discrepancia entre o Concello da capital e Vicepresidencia da Xunta.

Segundo a versión municipal, facilitada polo propio alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ninguén de urxencias da Xunta púxose en contacto co Concello de Pontevedra para requirir a presenza dos bombeiros na loita contra os incendios que arrasaban o sur de Galicia. Ante o que Lores describe como «deixación de funcións» do 112, o goberno local de Pontevedra contactou co Concello de Vigo para pór á súa disposición unha dotación do parque de bombeiros local.

Vigo acepto o ofrecemento, e saíron cara á cidade olívica dous camións de Pontevedra e seis bombeiros. Unha vez alí, asignóuselles un posto de vixilancia dunha gasolineira en Ponteareas ameaza polas chamas.

Fernández Lores lamentou onte que non se pode falar de descoordinación por parte da Xunta, «xa que nin siquera houbo coordinación».

Desde a Xunta, con todo, desmentiuse a versión do alcalde. Desde Vicepresidencia asegurouse que o Centro Integrado de Emerxencias (CIAE 112) si mantivo varias conversacións co parque de Pontevedra durante a xornada do domingo: «O centro de coordinación consultou en tres ocasións cos responsables do parque e pediu axuda expresa para acudir a Ponte Caldelas, solicitude que foi rexeitada».