Barreiro: «A gobernabilidade de España vai seguir intensamente e negativamente afectada polos malos efluvios do independentismo catalán»

La Voz

PODCAST

15 feb 2021 . Actualizado ás 09:15 h.

Barreiro analiza o resultado das eleccións en Cataluña. Ou a «carraca catalá», nas súas palabras.

As eleccións de onte, di Barreiro, non se organizaron para liberar Cataluña da obsesión independentista e do desgoberno, do caos político e económico que o independentismo xera desde hai 11 anos. O obxectivo das forzas políticas máis relevantes en Cataluña, ERC e JxCat, era impedir que a política volvesen ao curro. O obxectivo era que o procés siga mantendo en albas a Cataluña, a España, e sobre todo ao Goberno de Sánchez.

Por máis cambios ou combinacións que busquemos, Cataluña vai seguir buscando que o caos xere unha nova orde. E isto significa que a gobernabilidade de España vai seguir intensamente afectada. Do caos non imos saír nin pola intención nin polos feitos dos mediocres líderes que van seguir gobernando Cataluña.

«A gobernabilidade de España vai seguir intensamente e negativamente afectada polos malos efluvios do independentismo catalán. Haberá que agardar que o caos sexa quen de xerar esa orde que tanto arelamos»