Barreiro: «A misión de Illa parece ser arrinconar a Puigdemont para que a estabilidade do Goberno central non perigue»

La Voz

PODCAST

08 feb 2021 . Actualizado ás 08:39 h.

Barreiro analiza as eleccións en Cataluña. O sistema, di, deixou de funcionar alí hai tempo e os cataláns votan o domingo co risco de ter que repetir estes comicios.

O problema principal é o cruzamento de vetos entre os partidos. ERC e o PSC negan a diario un suposto tripartito cos Comúns do que non se garda boa memoria. O PP vetou a Illa, a CUP puxo unha cruz a Laura Borràs, ERC ameaza con non apoiala tampouco, JxCat distánciase de Pere Aragonés.

Os republicanos terán a chave para un goberno independentista entre JxCat e a CUP ou para pór fin ao procés co PSC. A posibilidade de que Salvador Illa forme un goberno constitucionalista é practicamente inviable.

A terceira alternativa sería un goberno en minoría de ERC e os Comúns, apoiado pola abstención ou votos puntuais do PSC. Esa parece ser a misión que se lle encomendou a Illa.

Todo indica que os independentistas pretenden ilegitimar estas eleccións e acabar coa etapa Illa pola vía rápida, se non lles sae ben, intentando dicir que así non se pode formar goberno e convocando novas eleccións.

«Esa parece ser a misión que se lle encomendou a Illa: arrinconar a Puigdemont para que a estabilidade do Goberno central non perigue, e permitir que ERC goberne en Cataluña coa necesidade urxente de contar con apoios dp PSC para que en Madrid poida seguir gobernando Sánchez con apoios puntuais de ERC».