Grazas, mulleres

Iago García
Iago García REDACCIÓN | LA VOZ

PODCAST

ANXO MANSO

O Día Internacional da Muller encheu rúas e prazas de proclamas feministas converténdose nun éxito. Escoita no noso podcast as voces do día e le o máis destacado da xornada

08 mares 2019 . Actualizado ás 21:09 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

Coñécelo de oídas

Avoas, nais e fillas. Tías, sobriñas e netas. Profesoras, médicas e xornalistas. Dependentas, caixeiras e limpadoras. Mineiras, bomberas e mecánicas. Funcionarias, autónomas e amas de casa. Avogadas, xuízas e procuradoras. Obreiras, arquitectas e aparelladoras... Non é suficiente con nacer, crecer e reproducirse. Parir e aleitar. A vós pídellevos máis. Ou menos, depende de como se mire o vaso da igualdade, aínda medio cheo. Hai que cobrar menos, ter máis difícil o acceso ao mercado laboral e sufrir acoso ou morrer a mans de homes: 984 vítimas desde o 2003 ata hoxe. Ser muller é iso a 8 de marzo de 2019. Pero tamén o é, grazas por iso, encher rúas e prazas. Reclamar, pedir e berrar. Feminismo, igualdade e dereitos fronte a machismo, supremacía e inxustiza. Homes que din iso de «as funcionarias xa cobran o mesmo», «para traballos físicos non serven como nós», «mellor en casa, cos nenos»... Fronte a eses homes, vós e o voso 8M. Algún día non fará falta este día. Pero ata entón facervos oír. Porque muller se é todos os días.

Hoxe en La Voz

8M ensombrecido por un episodio machista no fútbol base

Bochorno na Costa da Morte. Hoxe fixéronse públicos os insultos que as nais dos xogadores do Buño proferiron a unha nena de 9 anos, xogadora alevín da Sociedade Deportiva Laxe. Comentarios como «marimacho», e provocacións a berros para que agarrasen á futbolista, «polas tetas», causan hoxe estupor. Ambos os clubs lamentaron os feitos, que provocaron que a nena abandonase chorando as instalacións deportivas.

PP e Vox, os únicos sen un papel activo na xornada feminista

En canto ás reaccións políticas, Vox e o PP non participaron nos actos do 8M. Unha convocatoria na que si estivo Cidadáns, facendo súa a frase de Clara Campoamor, «son liberal». As ministras socialistas non fixeron folga, traballaron, pero si se manifestaron. Por primeira vez na historia hase suspendido o pleno do Parlamento vasco e as comisións do galego.

O Goberno Sánchez suma un novo «venres social»

O Executivo protagonizou un novo «venres social», retando así ao PP, que denunciou ante a Junta Electoral Central o uso partidario dos Consellos de Ministros, con aprobacións de reais decretos unha vez convocadas eleccións. Hoxe deuse luz verde ao decreto lei que reduce a idade de acceso ao subsidio de desemprego dos 55 aos 52 anos. A medida beneficiará a 114.000 persoas. O que non saír# adiante é a modificación da reforma laboral que impulsou Mariano Rajoy.

Galicia xa non ten o combustible máis caro de España

A que adoitaba ser a comunidade máis cara para encher o depósito de combustible, deixou de selo. A armonización fiscal no imposto de hidrocarburos propiciou que a comunidade teña baixado ao sexto posto. O que se chamaba céntimo sanitario, xa é igual para toda España. Aínda así en Galicia a gasolina en xaneiro foi un céntimo máis cara que a media nacional; no caso do gasoil, o seu prezo estivo dous céntimos por amais .

En boca de

O cantante Alejandro Sanz compartiu unha foto nas redes nas que se lle ve parcialmente maquillado para lembrar o 8M; «non entendiches nada», respondéronlle. Os famosos que intentaron sacar rédito do Día da Muller, saíron escaldados nas redes sociais.

Tamén para ti

O 8M en Galicia en imaxes

Unha marea violeta percorreu hoxe as cidades e vilas galegas. A Coruña, Santiago e Vigo protagonizaron manifestacións multitudinarias. Bota unha ollada baixa estas liñas.

Pé de foto. Firma

8M na Coruña

Anxo Manso