Cidadáns ou a crónica dun non pacto anunciado

Iago García
Iago García REDACCIÓN | LA VOZ

PODCAST

EFE | Juan Carlos Hidalgo

Dámoslle un xiro á actualidade no noso podcast para que non quede nada pendente deste luns... ¡dálle ao play!

18 feb 2019 . Actualizado ás 21:34 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

Coñécelo de oídas

Era a crónica dun non pacto anunciado, pero José Manuel Villegas, secretario xeral de Cidadáns, quería confirmalo. A formación laranxa non pactará nin con Sánchez, nin co PSOE. Mentres o Comité Executivo de Cidadáns tomaba a decisión, o Partido Popular reunía á súa xunta directiva de cara xa ao próximo 28 de abril. O presidente popular, Pablo Casado aseguraba ante os seus que o PP gañará as xerais. As europeas, que coinciden coas municipais, en principio serían para o PSOE, se temos en conta a enquisa feita pública polo Parlamento europeo. O noso podcast xa é, sen remedio, un diario de campaña: ¡escóitao enteiro aquí!

Hoxe en La Voz

O BNG coloca ao Pazo de Meirás na precampaña

Sánchez esgota a lexislatura sen cumprir a súa promesa, entre outras, de exhumar os restos do ditador Franco. E neste «tempo de desconto» que queda segundo o BNG, é cando debería aproveitarse tamén para devolvernos aos galegos non só unha propiedade, se non tamén un símbolo. O Pazo de Sada súmase á precampaña. A Deputación da Coruña e a Xunta estiveron de acordo na devolución deste Ben de Interese Cultural, pero de momento a familia Franco ségueo gozando. Lembremos que en mans dos Franco seguen tamén dúas estatuas do Mestre Mateo que lles reclamaba o concello de Santiago.

Zaplana fai a súa propia campaña reiterando a súa inocencia

Formaba parte daquel «dream team» de ministros de Aznar. Xunto con outros «fenómenos» da xestión pública responsable como Jaume Matas ou Rodrigo Rato . Aínda que encarcerado como os seus compañeiros goza dun permiso dado o seu delicado estado de saúde que está a aproveitar, sumándose á tónica xeral, para facer campaña, a súa propia. «Xamais participei en ningunha adxudicación ilegal», di Zaplana. O tamén expresidente valenciano desvincúlase dos dez millóns e medio en subornos que tiña escondidos no Uruguai e Panamá e que segundo o seu testemuño non obedecen a unha conduta fraudulenta.

Torra viaxa sen escoltas para a súa cita con Puigdemont en Bruxelas

O Goberno denegou o permiso aos Mossos d'Esquadra para que os escoltas habituais do presidente da Generalitat, Quim Torra, acompáñenlle a Bruxelas, onde esta tarde participaba nun acto xunto co expresidente Carles Puigdemont. O Ministerio do Interior rexeitou a petición que tivo pensado a Generalitat para que os escoltas lle acompañasen a Bélxica.

En Marea recúa. Dúas listas para as xerais, «un suicidio político»

En Marea exponse agora elaborar unha candidatura conxunta de cara ás eleccións xerais. Aínda que o sábado Podemos Galicia, Anova e Esquerda Unida daban por feito unha coalición tripartita da que se desmarcaba En Marea; hoxe o seu portavoz Luis Villares admite que dúas listas diferentes serían un «suicidio político». Ábrese agora un período de negociacións coa dificultade de conxugar por unha banda, primarias no partido con candidatos do sector crítico e á vez un modelo de coalición de forzas que a dirección rexeita.

A Xunta pide a Fomento evitar subidas extra nas peaxes da AP-9

Para evitar que aumente a discriminación que a Xunta estima que sofre Galicia coa AP-9 respecto doutras autoestradas da rede do Estado, a Conselleiría de Infraestruturas remitirá ao Goberno central, ás Cortes e ao Parlamento unha proposta para que sexa o Ministerio de Fomento quen se faga cargo de reintegrar a Audasa o seu investimento nas obras de ampliación do viario e non se repercuta así nas peaxes que arontan os condutores.

En boca de

Unha muller de 83 anos, Dosinda Fernández, foi atopada morta o domingo pola noite nun monte da localidade de Güin, no concello ourensán de Bande, despois de que uns veciños alertasen de que faltaba da súa casa.

Tamén para ti

Os «esqueletos» que poboan Barreiros

Doce anos despois da intervención da Xunta, ladrillos e formigón salpican o municipio mariñán e algúns construtores quéixanse de que lles pararon as obras.