«O PP conseguiu que o Goberno de Sánchez tire a toalla», por Pablo Casado

Manuel Varela Fariña
M. Varela F. REDACCIÓN / LA VOZ

PODCAST

Zipi | efe

Dámoslle un xiro á actualidade no noso podcast. Decátache escoitando o que aínda non sabes de este venres

15 feb 2019 . Actualizado ás 21:10 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

 

Coñécelo de oídas

Despois de que Pedro Sánchez anunciase a data do adianto electoral, os partidos saíron a defender a súa xestión na oposición e, xa de paso, vender as súas candidaturas para o 28 de abril. Pero só un hase atreviso a recoñecer que é o principal responsable da perpetua precampaña electoral que nos agarda. E ese foi Pablo Casado. ¡Escóitao enteiro dándolle ao play! 

[Entra aquí se non ves o play para escoitar o podcast]

Hoxe en La Voz

O erro estratéxico de Sánchez

O presidente do Goberno equivocouse ao presentar as contas públicas, pero agora, co anuncio dos comicios o 28 de abril, aproveita a foto das tres dereitas en Colón e a crise de Podemos para contar con opcións de manterse na Moncloa. O líder socialista viuse obrigado a admitir que a maioría que forxou contra Rajoy non implicaba que contase cunha maioría estable no Congreso.

 

O Parlamento Europeo pecha as portas a Puigdemont

Invitado por un eurodeputado ultra flamenco e o exministro de Exteriores esloveno, Carles Puigdemont dispúñase a ofrecer unha conferencia no Parlamento Europeo. O presidente da institución, Antonio Tajani, cancelou o acto esgrimindo «motivos de orde pública».

os críticos queren reeditar a coalición de en marea á marxe da dirección

Villares chama ás bases ás primarias para a candidatura das eleccións xerais, aínda que militen «noutras forzas políticas». O adianto electoral obrigará a todas as partes a situarse na escisión de facto que sofre a formación desde hai dous anos.

Os franco van ao supremo

Os herdeiros de Francisco Franco pedirán ao Tribunal Supremo a paralización inmediata da exhumación do ditador. O Goberno deu un prazo de 15 días á familia para que sinale unha alternativa á cripta da catedral da Almudena, no centro de Madrid.

En boca de

O consulado de Ucraína volverá pedir unha proba de ADN para rexistrar como españois aos bebés nados por xestación subrogada, o que permite desbloquear os trámites de 30 familias atrapadas en Kiev. Ana Reyes conta o seu caso, e respira aliviada.

Tamén para ti

Rober levou o mellor premio: un traballo

O vigués Roberto Pereira, participante no Campionato Internacional de Baristas Profesionais do IES de Foz, levou o recoñecemento do sector e o maior aplauso do público. E non só iso, tamén un traballo.