«O PP está preparado para volver ao Goberno», por Pablo Casado

Manuel Varela Fariña
M. Varela F. REDACCIÓN / LA VOZ

PODCAST

Ricardo Rubio | Europa Press

Dámoslle un xiro á actualidade no noso podcast. Decátache escoitando o que aínda non sabes de este mércores

13 feb 2019 . Actualizado ás 21:54 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

 

Coñécelo de oídas

Os partidos independentistas mantiveron as súas emendas á totalidade e os orzamentos foron devoltos ao Goberno. Así llo agardaba xa a Moncloa, e a oposición fregase a mans ante a inminente convocatoria de eleccións. Sánchez anunciará a data o venres pero, realmente cambiará o futuro do país co actual panorama político? ¡Escóitao enteiro dándolle ao play! 

[Entra aquí se non ves o play para escoitar o podcast]

Hoxe en La Voz

O fiscal Zaragoza sobre o 1-O: «Ninguén foi perseguido polas súas ideas»

O presidente do Goberno publicou unha serie de chíos xustificando un previsible adianto electoral. O Executivo entende que a lexislatura está esgotada se os Orzamentos non saen adiante. Todo depende do que se vote mañá no Congreso. Aquí tes un pactómetro sobre a votación ás contas.

 

A xuíza ve indicios de homicidio imprudente no caso Julen e chama a declarar ao dono da leira

Tamén terá que declarar o empresario que fixo o pozo, en calidade de testemuña, os pais do pequeno, catro gardas civís e os sendeiristas que auxiliaron á familia. A Fiscalía malagueña avanza que «xa se poden facer varias hipóteses dos momentos previos á fatal caída do menor». 

Feijoo reclama un 25 % de rebaixa na AP-9 para viaxes de ida e volta

Os tres grupos da oposición apreman ao presidente da Xunta a presionar ao Goberno central para lograr un «teito competencial» similar ao de País Vasco e Cataluña. Á marxe da discusión parlamentaria, Feijoo avanza que pedirá unha redución do custo da peaxe na Autoestrada do Atlántico.

As eleccións poden frustrar o ditame da comisión do Alvia

O Congreso prorrogou os seus traballos tres meses máis para elaborar as conclusións. A disolución das Cámaras suporá, de forma inmediata, a extinción de todos os traballos parlamentarios, incluída a comisión de investigación do Alvia. 

En boca de

Un controlador da ORA de Santiago topouse cun cheque bancario asinado, selado e listo para cobrar. «Só faltaba a data e a cantidade», engade Marcos Montero. A súa decisión, devolver o documento bancario.

Tamén para ti

«Ao meu xeito»

Goza aquí cunha nova entrega das galerías coas imaxes máis persoais e espectaculares dos nosos fotógrafos.