«2,3 millóns de persoas ao banco dos acusados», por Puigdemont

Manuel Varela Fariña
M. Varela F. REDACCIÓN / LA VOZ

PODCAST

efe

Dámoslle un xiro á actualidade no noso podcast. Decátache escoitándoo do que aínda non sabes de este martes

12 feb 2019 . Actualizado ás 21:36 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

Coñécelo de oídas

Este martes comezou un xuízo histórico: 12 líderes secesionistas síntanse no banco do Tribunal Supremo por promover e executar un plan para lograr a independencia de Cataluña. Para Puigdemont, o gran ausente, xúlganse a 2,3 millóns de cataláns que votaron na consulta. O inicio do xuízo vai estreitamente ligado ao debate dos orzamentos, no que os partidos independentistas manteñen a súa emenda á totalidade. ¡Escóitao enteiro dándolle ao play! 

Hoxe en La Voz

Sánchez xustifica en varios chíos un adianto electoral

O presidente do Goberno publicou unha serie de chíos xustificando un previsible adianto electoral. O Executivo entende que a lexislatura está esgotada se os Orzamentos non saen adiante. Todo depende do que se vote mañá no Congreso. Aquí tes un pactómetro sobre a votación ás contas.

o coordinador de C's en Ourense: «Todo o asqueroso da política aprendino de el»

O coordinador provincial de Cidadáns en Ourense, Alberto Rodríguez, deixa o cargo tras facerse pública a incorporación do expopular José Araújo como secretario xeral. «Os motivos da miña dimisión son a incorporación da vella política a esta nosa agrupación coa intención de que lidere a nosa candidatura nas próximas eleccións municipais», sinalou Rodríguez.

A oferta de ryanair aos usuarios de peinador

A aeroliña suxire aos pasaxeiros que xa comprasen billetes para Peinador voar ao Prat desde Canarias, Sevilla, Valladolid ou O Porto. Iso si, pagándose eles mesmos o desprazamento a esas cidades.

Trump desafía ao Congreso e promete «rematar rápido» o muro

O presidente dos Estados Unidos atópase en Texas defendendo que rematará e «rápido» o muro que dividirá ao seu país con México. Trump di que o fará independentemente do que acorden no Congreso os negociadores demócratas e republicanos.

En boca de

O vicepresidente asegura que o líder galego cumpriu con todos os compromisos institucionais fixados nos Estados Unidos. Sobre a variación da súa axenda para chegar á manifestación de Madrid o pasado domingo desde Nova York, Rueda asegurou que os gastos da viaxe non correrán a cargo dos galegos.

Tamén para ti

Entrevista entre Sofía Toro e Teresa Portela

Case 20 anos despois de clasificarse para os Xogos en Sidney, a padeeira busca un billete para a cita olímpica de Tokio no 2020.