«Sánchez, para o meu aniversario quero eleccións», por Santiago Abascal

Manuel Varela Fariña
M. Varela F. REDACCIÓN / LA VOZ

PODCAST

Fernando Alvarado | efe

Dámoslle un xiro á actualidade no noso podcast. Decátache escoitándoo do que aínda non sabes de este luns

11 feb 2019 . Actualizado ás 23:06 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

Coñécelo de oídas

Un día despois da concentración en Colón, fracaso para o Goberno e éxito para os convocantes, a posible negativa dos partidos cataláns ás contas do Executivo na sesión parlamentaria do mércores ameazan coa convocatoria de eleccións. Desde Moncloa filtrouse unha posible data: o 14 de abril, aniversario da II República e aniversario de Santiago Abascal. ¡Escóitao enteiro dándolle ao play!

Hoxe en La Voz

José Blanco desvincúlase de calquera decisión sobre a seguridade en Angrois

O exministro de Fomento pide desculpas «por acción ou omisión» na comisión de investigación do accidente ferroviario de Angrois, unha liña inaugurada por el mesmo. Blanco di sentirse arrepentido «só» de «non ter aceptado a comisión de investigación».

Luz verde á exhumación de Franco

A partir do próximo venres, o Goberno dará 15 días aos herdeiros do ditador para decidir onde será inhumado. En caso de non dar unha resposta, o propio Executivo elixirá a localización. Moncloa insiste na «imposibilidade legal» de que o corpo sexa enterrado na Catedral da Almudena.

Conta atrás da Xunta para cubrir 847 prazas por oposición

Ao longo do próximo mes publicaranse 15 convocatorias para auxiliares de clínica, prevención de incendios, bombeiros ou condutores. As probas desenvolveranse no recinto feiral de Silleda antes de setembro. O obxectivo é que os que se fagan cos postos estean incorporados á Administración no 2020.

Detido por pór á venda dous coches alugados a dúas empresas

Un mozo foi detido en Ordes por pór á venda en Internet dous coches novos que alugara a dúas empresas. Un dos vehículos, un Opel Mokka valorado en 28.000 euros, pertencía a unha empresa de alugueiro de coches situada no aeroporto de Alvedro.

En boca de

O acusado de ter provocado a morte dun home nunha estrada de Pravia, en Asturias, recoñeceu ante o xuíz ter bebido «o normal nunha voda», tras admitir que se puxo ao volante tras consumir viño, un vermú e unha copa.

Tamén para ti

Análise á enquisa de Sondaxe

Roberto Blanco Valdés, Xosé Luis Barreiro Rivas, Domingos Sampedro e Fernando Salgado analizan os resultados da enquisa de Sondaxe para as cidades galegas.