Feijoo tamén vai, «por Galicia», á manifestación

Iago García
Iago García REDACCIÓN | LA VOZ

PODCAST

Giorgio Vise | EFE

Dámoslle un xiro á actualidade no noso podcast. Decátache escoitándoo do que aínda non sabes deste venres

08 feb 2019 . Actualizado ás 22:09 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

Coñécelo de oídas

O Goberno reduce unha marcha nas súas negociacións coa Generalitat. Do imos ver se cun relator que nos tome nota do que falamos cos secesionistas arranxamos os nosos orzamentos... e os vosos tamén... A marcar unha liña vermella infranqueable. Nada de referendos de autodeterminación. Xa sabemos como acabou o último intento independentista de convocatoria. ¡Escóitao enteiro dándolle ao play!

Hoxe en La Voz

A responsable de Igualdade contradí a Casado en canto ao aborto

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella marca distancias co presidente nacional do PP. Abella contradí a Casado e apoia a actual lei do aborto. El mostrouse partidario de retrotraerse á normativa de 1985 aludindo mesmo motivos económicos: «Se queremos financiar as pensións debemos pensar en como ter máis nenos, non en abortar». López Abella, con todo, considera adecuado o marco lexislativo de prazos aprobado en 2010. Tanto a demografía, que demostra que os problemas de natalidade débense realmente á falta de inmigración. Como o número de casos, que se reduciron en máis 15.000, dan a razón á responsable de Igualdade.

Ryanair abandona Peinador e opta por Lavacolla e Sá Carneiro

Ryanair, a compaña irlandesa máis famosa de entre as liñas de baixo custo, vaise de Vigo. leva as conexións con Dublín e Londres que tiña na cidade olívica, a Santiago e O Porto. A compaña esixía recibir tres veces máis diñeiro do concello que o que percibía ata agora, para que a cantidade fose a mesma que percibe Air Nostrum.

Cesamentos de médicos que carecían da especialidade

Polo menos 14 médicos foron cesados estes días en Galicia por non ter o título de especialistas. Hai 15 días o Consello de Colexios Médicos preguntaba á Consellería de Sanidade se existían este tipo de contratos, algo que o Sergas negou. Con todo nos últimos días, as xerencias sanitarias cesaron a 14 profesionais carentes da especialidade de familia ou pediatría, aínda que si contan co título.

Ao Ministerio a experta que criticou o gasto de pacientes oncolóxicos

Fichaxe polémica no Ministerio de Sanidade. A experta que compareceu nunha comisión do Parlamento de Galicia polos recortes sanitarios e que cuestionou o gasto en pacientes oncolóxicos sen expectativas, incorpórase como asesora de María Luisa Carcedo. Curiosamente, a catedrática de economía para a saúde Beatriz González foi moi criticada polos socialistas galegos cando cuestionou alongar a vida de pacientes polo seu custo económico.

En boca de

Amelia Tiganus, empregada á forza en máis de 40 prostíbulos, conta o seu calvario ao equipo de Igualdade do Luís Seoane en Pontevedra. Cada 21 días, era explotada sexualmente nun club diferente.

Tamén para ti

Internan ao rayacoches de Vigo

O home que ten atemorizados aos seus veciños por danar máis de 1.000 vehículos nun ano será internado para avaliar o seu estado mental. No vídeo, fala un afectado.