«Ou autogoberno está basicamente desenvolvido», polo PPdeG

Iago García
Iago García REDACCIÓN | LA VOZ

PODCAST

Álvaro Ballesteros

O repregamento de velas dos populares galegos apenas unha semana despois de pedir o máximo teito competencial para a comunidade e o que aínda non sabes do martes, no noso podcast

05 feb 2019 . Actualizado ás 21:21 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

Coñécelo de oídas

Pedro Puy, portavoz do PP no Parlamento de Galicia, non tardou nin dúas semanas en desdicir o exposto na cámara autonómica. De reclamar o PP, xunto co resto de grupos, o mesmo teito competencial que Cataluña ou o País Vasco, a dicir que bo, xa primeiro vemos como quedan os orzamentos e logo xa se iso virá o das competencias, que tampouco é para tanto. Onde dixen digo, digo Diego. Toda a oposición, a mesma que apoiou ao PP na súa demanda para acadar o máximo teito competencial para Galicia criticou o repregamento de velas. Porque mellorar os orzamentos para a comunidade tampouco ten porqué estar rifado coa pelexa por máis competencias.

Hoxe en La Voz

A negociación orzamentaria entra na súa recta final

Hoxe En Marea descartou presentar unha emenda á totalidade ás contas presentadas polo Executivo de Pedro Sánchez. A ameaza que no seu día hiceron os seus deputados, a de crear unha fronte común de representantes galegos para mellorar uns Orzamentos que recortan un 20% o investimento en Galicia, ou a petición de que comparecese no Congreso a ministra de Facenda deu paso a unha negociación bilateral para que se melloren as partidas. Sánchez necesita o voto dos independentistas cataláns. Neste contexto e coincidindo coa emenda á totalidade que presentou Esquerra, Miquel Iceta, presidente dos socialistas cataláns abre a porta a facer concesións nas contas da Genralitat, a cambio de que tanto Esquerra, como o PDECat, apoien as do Estado.

O PP de Santiago acusa a Compostela Aberta de contratar a dedo

O grupo municipal do PP denunciou ao alcalde Martiño Noriega e ao goberno de Compostela Aberta de outorgar a dedo 15 contratos a familiares por valor de 60.000 euros. Noriega nega ao xefe da oposición, o popular Agustín Hernández, as súas acusacións e rétao: «en maio axustaremos contas democraticamente». 

As achegas a colexios concertados non poden desgravarse

Facenda investigará as achegas que realizadas a escolas concertadas. Tras varios pronunciamientos da Axencia Tributaria, agora é o Goberno o que lembra aos contribuíntes que as achegas a colexios concertados non se poden facer pasar por donativos para deducilas na declaración da renda. O fisco sinala que non se parecen en nada ás partidas que se destinan a unha ONG, xa que neste caso, xeralmente hai sempre unha contraprestación mediante, por exemplo, actividades extraescolares.

O frade do Cebreiro recoñece encontros sexuais cunha menor

Na Audiencia de Lugo empezou o xuízo contra o frade do Cebreiro acusado de abusos sexuais a unha menor de 16 anos e a outro mozo. Ademais tería utilizado á moza para gravar material pornográfico. Ambos son discapacitados psíquicos. A Fiscalía pide para o relixioso 17 anos de cárcere, unha orde de afastamento e unha indemnización de 9.000 euros. O acusado recoñeceu os encontros sexuais coa moza e negou os do outro mozo.

O radar de tráfico non é infalible

Un xulgado ordenou á DXT devolver os puntos do carné e o importe da multa a un pontevedrés. A sentenza establece os criterios de corrección que debe aplicar Tráfico ao medir as velocidades. Por iso os aparellos que realizan as medicións, os cinemómetros, deben aplicar á baixa o índice de erro que teñen, de entre o 5 e o 7%. De non ser así, podería estar a se sancionar a alquien que non teña chegado a cometer un exceso de velocidade.

O mugardés detido nunha cancha da NBA está en Barcelona

Adrián Montero Mato, o mozo que protagonizou un encontrón con outro afeccionado e dous axentes en Miami durante un partido da NBA, está de volta en España tras abonar 10.000 euros de fianza. Así o asegura a única persoa que fala sobre o seu paradoiro á prensa na súa localidade natal. Segundo a avoa da súa noiva está en Barcelona, á espera de comparecer o 1 de marzo ante o tribunal do condado de Miami-Dade. Ese día leranlle os cargos que se lle imputan polos delitos que lle atribúe a policía americana, entre eles resistencia a un oficial con violencia. Os seus achegados lamentan que o atestado non teña en conta as provocacións que Adrián sufriu por parte dos afeccionados aos que increpou.

En boca de

David Serrano, o dono da leira de Totalán na que se atopa o pozo polo que caeu Julen, reiterou publicamente o que xa declarara nun primeiro momento ante a Garda Civil, que protexeu con dous bloques de formigón o buraco que fixo o responsable dunha empresa especializada e que, segundo el, deixara «aberto». Esta versión contradí a do pocero, que asegura que el deixara tapado a boca do pozo cando concluíu o seu traballo.

Tamén para ti

Unha avaría deixa sen auga Vilagarcía

Rompeuse por enésima vez a tubaxe da rede de augas en cálea Doutor Tourón. Parte da localidade e o seu centro comercial estiveron sen subministración. Mira o vídeo.