O acondicionamento da ponte da OU-536 en Espadanedo custará 42.000 euros

La Voz

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

cedida

A intervención conta cunha inversion próxima aos 42.000 euros

06 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de adxudicar as obras de limpeza e conservación da ponte da estrada comarcal OU-536, no termo municipal de Xunqueira de Espadanedo. A intervención foi adxudicada á empresa Irmáns Caride Fernández Traballos Verticais e conta cun investimento próximo aos 42.000 euros. A obra, que comezará nas próximas semanas, ten un prazo dun mes. A intervención realízase tras a inspección técnica realizada na ponte, o cal presenta abundante maleza nos seus muros, polo que se realizarán labores de limpeza e conservación.

Procederase á retirada manual da vexetación e a maleza dos paramentos de mampostería e á limpeza de xuntas e reposición de pezas danadas ou desaparecidas do paramento, mediante sillería nova; así como ao recheo profundo en caso necesario de xuntas horizontais e verticais. Ademais, repararanse as beirarrúas danadas, demoléndoas e levantándoas e a posterior colocación de pavimento de teza hidráulica.

O dominio público da estrada tamén se despexará e limparanse as beiras próximas á ponte. Esta intervención enmárcase no programa pioneiro de control de pontes e pasarelas que está a desenvolver a Xunta, para preservar a seguridade e alongar a vida destas infraestruturas con accións de conservación preventiva.