En once concellos non houbo ningún contaxio polo menos nos dous últimos meses

María Cobas Vázquez
María Cobas O Barco

XUNQUEIRA DE AMBÍA

En Montederramo llevan al menos dos meses sin ningún caso nuevo de coronavirus
En Montederramo levan polo menos dous meses sen ningún caso novo de coronavirus LOLITA VAZQUEZ

En 34 concellos de Ourense levan 14 días sen novos casos

07 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O pasado 21 de novembro, o Sergas comezou a publicar os datos referidos á incidencia acumulada a 14 días. Naquel primeiro balance oficial recollíase que eran 33 os concellos ourensáns nos que non se produciu ningún contaxio desde o 7 dese mes. Daqueles 33 concellos, hai once que seguiron aparecendo a diario como libres de coronavirus. Iso supón que nos dous últimos meses ningún veciño hase contaxiado por covid.

Son Beade, O Bolo, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Esgos, Gomesende, Xunqueira de Ambía, Montederramo, San Amaro, Vilar de Barrio e Vilariño de Conso. En común, que todos teñen menos de 1.400 habitantes, repartidos en varios núcleos de poboación. O máis poboado é Xunqueira de Ambía, con 1.374 censados; e Beade, o menos, con 384 veciños.

Noutros 23 levan 14 días sen casos

Hai outros 23 concellos que suman dúas semanas sen ningún novo caso novo (iso non significa que non teña veciños enfermos pendentes de negativizar tras infectarse hai máis de dúas semanas, aínda que o habitual é recibir a alta aos 10 días). Son Avión, Baños de Molgas, Beariz, Os Blancos, Cortegada, A Gudiña, Laza, Maside, A Mezquita, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Paderne de Allariz, Petín, Pontedeva, Punxín, Rairiz de Veiga, Ramirás, Rubiá, Taboadela, A Teixeira, Toén, A Veiga e Verea.