O colexio de Xunqueira de Ambía premia traballos sobre solidariedade e mestres

La Voz OURENSE

XUNQUEIRA DE AMBÍA

CEDIDA

O centro entregou os premios do sexto certame organizado en recordo das dúas ourensás falecidas no accidente de Angrois

02 jun 2019 . Actualizado ás 12:07 h.

Na colexiata de Xunqueira de Ambía entregáronse os premios do sexto certame de debuxo e relato organizado polo CEIP Pai Crespo en memoria de Celtia e Eva, as mozas ourensás que morreron no accidente ferroviario de Angrois. «Falando de solidariedade» é o lema deste certame, que este ano se dedicou aos «Mestres e mestras: unha historia de vocación solidaria». Ademais dos premios entregados aos alumnos de Primaria e Bacharelato, a xornada contou cun recital de poesía de Rosalía Fernández Rial, un concerto de órgano de María José Mosquera, a actuación do mago Albert. 

Pola mañá houbo un encontro co alumnado de Allariz e montouse unha exposición fotográfica no claustro da colexiada sobre a rodaxe de «A lingua das bolboretas», de cuxo estrea se cumpren 20 anos. Os profesores universitarios Xosé Manuel Cid e Rosa Cid Galante deron charlas sobre a escola na República e sobre as primeiras mulleres mestras, respectivamente.