Xinzo O Concello embelece a Alameda do Toural con novo mobiliario

La Voz

XINZO DE LIMIA

16 jun 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Xinzo de Limia traballa estes días na mellora da Alameda do Toural. Para esta zona verde da vila prevese unha posta a punto integral que incluirá o saneamento de áreas verdes e a renovación de catro bancos de formigón. Ademais, nos últimos día traballouse no arranxo dun sistema de rega para evitar a herba seca.