Cambios no PP de Xinzo tras a marcha de Luis Miguel Gil

La Voz

XINZO DE LIMIA

Iván Dacal

O edil abandona a política para centrarse na súa saúde e no club de baloncesto da localidade

15 jun 2021 . Actualizado ás 14:24 h.

Luis Miguel Gil, concelleiro do PP en Xinzo de Limia, anunciou que abandona a política por motivos persoais. Esta renuncia, que terá que facerse oficial en pleno, traerá consigo a toma de posesión como edil de Teresa Puga, a seguinte na lista, que aínda non formalizou a súa decisión. De renunciar a ela, entraría o seguinte. Luis Miguel Gil, que chegou á vida municipal da man de Antonio Pérez, o anterior alcalde popular de Xinzo, e que non é afiliado ao partido, afirma que é unha decisión moi meditada que comunicou aos seus compañeiros hai tempo. Relata que ten unha enfermidade crónica desde hai anos e que é necesario que se tome un tempo para coidarse. Pero, sobre todo, que a súa intención é dedicarse en corpo e alma ao club de baloncesto da localidade que el mesmo fundou.