A fachada do Concello xa loce a bandeira oficial do municipio

La Voz OURENSE

XINZO DE LIMIA

concello de xinzo

O Concello recibiuna recentemente aínda que xa fora aprobada no 2019

27 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A bandeira do Concello de Xinzo xa loce na fachada da casa consistorial limiana. O seu deseño aprobouse oficialmente coa súa publicación no DOG o 10 de outubro do 2019. Segundo o Concello, debido á pandemia e a un erro na confección, as bandeiras non chegaran. Agora, ademais de estar presente coas outras bandeiras oficiais nos actos institucionais, portaraa a banda de gaitas municipal nas súas actuacións.