Hoxe celebrouse o día internacional da enfermería
13 may 2020 . Actualizado ás 10:20 h.A Ponche Vella de Ourense é un dos monumentos de Ourense que esta noite se iluminou de azul en conmemoración do día da enfermería. A xornada tivo homenaxes ao colectivo de enfermeiras no hospital de Ourense, pero tamén se fixo visible con esta iniciativa promovida polo Colexio Oficial de Enfermería de Ourense e que tivo eco no Concello de Ourense e na Deputación. Iluminouse tamén o Pazo Provincial e outros Concellos como Allariz, Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Vilamarín, Monterrei ou San Cristovo de Cea sumáronse á proposta.