Dous galegos e unha xaponesa ponse moi flamencos

La Voz

XINZO DE LIMIA

HEMEROTECA | Actúaban en 1993 en café Odeón de Vigo

18 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O 18 de setembro de 1993, o café Odeón, entón situado na rúa de Rogelio Abalde, acollía un espectáculo flamenco. A singularidade do mesmo estaba na orixe dos participantes. Dous galegos e unha xaponesa asumían a arte sureña coa naturalidade dun cordobés.

Ela era Kazumi Kamoshita. No canto de oír na súa casa as cancións tradicionais xaponesas, sentiu desde pequena a atracción polo cante jondo a través da súa nai, que se pasaba o día tarareando temas flamencos pasados polo tamiz oriental. Os seus compañeiros de taboado eran o guitarrista vigués Cuchús Pimentel, e o cantautor nado en Xinzo de Limia, Delio Domínguez, que tanto cantaba fandangos como alalás.

O encontro entre Kazumi e Cuchús produciuse nun curso de flamenco en Córdoba. A partir de aí xurdiu unha colaboración durante tres meses, e o guitarrista fixo as maletas para acompañar a Kazumi en diversas actuacións no imperio do sol.