Hemeroteca | 1995 | Santiago, segundo concello galego en cultivo de pataca e de millo

La Voz

XINZO DE LIMIA

XOAN A. ADOITAR

Os datos do Anuario de Estatística Agraria da Xunta causaban sorpresa, ao situarse unicamente por detrás de Xinzo e Carballo

22 may 2019 . Actualizado ás 05:15 h.

Hai vinte e catro anos os datos do Anuario de Estatística Agraria da Xunta sorprendían. Santiago era o segundo municipio galego en cultivo de pataca e de millo. Á hora de producir tubérculo, contabilizaba 1.290 hectáreas de superficie, só superado por Xinzo de Limia. Pola súa banda, recollía 2.015 hectáreas do cereal, situándose por baixo unicamente de Carballo. Entón, Santiago contabilizaba 1.200 explotacións gandeiras.