Nova convocatoria da Fundación Celta en Xinzo

La Voz OURENSE / LA VOZ

XINZO DE LIMIA

CARMELA QUEIJEIRO

Está aberto o prazo de incripción para o clínic da entidade celeste nos próximos días 26 e 27

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Clínic de Fútbol base do Celta de Vigo desenvolverase os próximos 26 e 27 de decembro en Xinzo de Limia e xa está aberto o seu correspondente prazo de inscricións.

A actividade está englobada no convenio que o Concello de Xinzo asinou no seu día coa fundación do club celeste, que fai posible a organización destas convocatorias tanto nos meses de verán como nas datas das vacacións do Nadal, como neste caso.

Poderán participar todos aqueles xogadores e afeccionados, con desconto no prezo oficial para os empadroados en Xinzo e para os integrantes das diferentes categorías das escolas deportivas municipais. A inscrición debe realizarse en www.fundacioncelta.com ou no teléfono 986 213 676.