Xinzo despide ao seu artista rural nonagenario

XINZO DE LIMIA

Santi M. Amil

Samuel Gil foi enterrado esta tarde

05 dic 2018 . Actualizado ás 20:08 h.

Samuel Gil Salgado era o artista ancián máis lustroso da comarca limiana. Aos seus 90 anos recentemente cumpridos, foi enterrado esta tarde despois de que unha enfermidade minguase a súa vitalidade e a súa boa saúde nos últimos tempos. Cos 70 cumpridos e tras unha longa vida de máis de medio século dedicado á labranza, Gil decidiu entrar no mundo da artesanía da madeira. Esculpía figuras, pequenas ou grandes, de castiñeiro colleito nos arredores da vila de Boado e Piñeira, os pobos e a contorna que el tanto amaba e dos que nunca se separou. A súa inspiración eran os santos e os animais. Ofrecéronlle hai tempo unha pequena fortuna polo seu pequeno museo caseiro, que ensinaba con orgullo a todo aquel que se achegará á súa humilde casa. Non vendeu nunca pezas, regalounas. Era así. Xinzo chora ao seu labrador e artista tardío.