Os incendios forestais incrementáronse nun 44 %

La Voz

VILARIÑO DE CONSO

Álvaro Vaqueiro

En 1982 a memoria do fiscal xefe chamaba a atención sobre esta problemática

20 sep 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Os incendios forestais custaron a Ourense 561 millóns de pesetas (case 3,7 millóns de euros) durante 1981. Segundo consta na memoria do fiscal xefe da Audiencia de Ourense, Fernando Seoane Rico, o número total de incendios foi de 675, o que representa un 44 % máis que o ano anterior, e rexistrouse un incremento da superficie afectada do 165 %. En total foron 26.142 as hectáreas queimadas durante o pasado ano. Na relación de incendios destaca, polas súas proporcións, o producido na leira «O Invernadoiro», situada no municipio de Vilariño de Conso e propiedade da empresa Papeleira Española S. a. O lume afectou a 4.500 hectáreas. Na memoria de actividades de 1981, o fiscal xefe quéixase da secuela que está a afectar á provincia e do feito constatado de que non só non remite, senón que vai en ascenso. Seoane Rico constata que «aínda redobrando os medios investidos, non se conseguiu outro resultado que o descarado aumento dos incendios».