Correxais celebra a súa tradicional Ruta do Viño

María Doallo Freire
María Doallo O Barco

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

LOLITA VÁZQUEZ

As adegas estarán abertas a un total de 400 asistentes

19 abr 2019 . Actualizado ás 23:30 h.

Hoxe • 19.30 horas • 12 euros • Adegas de Correxais • A pequena localidade de Correxais, en Vilamartín de Valdeorras, abrirá as portas das súas adegas a 400 asistentes que gozarán da décima edición da Ruta do Viño. Unha ampla variedade de viños e de petiscos poderán degustarse esta tarde, amenizados pola banda de música Os Bertolini.